Feijóo comparece para falar da covid case tres meses despois de facelo por última vez

A oposición levaba días pedíndolle medidas contundentes que tomou cando a terceira onda comeza a remitir.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2021 | Actualizada ás 21:17

Comparte esta noticia

O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparecerá este mércores no pleno do Parlamento de Galicia para informar sobre a evolución da terceira onda da pandemia de coronavirus na comunidade autónoma.  Faino tras impor este luns case un novo confinamento.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no Parlamento.. Xunta de Galicia
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no Parlamento.. Xunta de Galicia

Ademais de sobre os datos de contaxios e a situación dos hospitais, Feijóo dará conta da campaña de vacinación contra a covid-19 e tamén sobre as axudas do Goberno galego aos sectores máis afectados.

O pasado 11 de novembro produciuse outra comparecencia do presidente galego en substitución da sesión de control, por entón para informar sobre como ía a segunda onda da pandemia.

PLENO MARCADO POLA COVID

Esta vez farao nun pleno que estará marcado pola covid e non só polas medidas de seguridade adoptadas na Cámara. Fontes consultadas por Europa Press ratificaron que dous deputados cuxa ausencia escusou este martes o presidente da Cámara, Miguel Santalices, están confinados por contacto cun positivo na súa contorna: Montse Prado (BNG) e Rubén Lorenzo (PP). Fontes nacionalistas confirmaron que, aínda que se atopa ben, a propia Prado foi diagnosticada con covid-19.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta