Pontón crítica a Sánchez e Feijóo en pleno auxe dos contaxios na terceira onda

Di que o presidente español anda "facendo campaña" e o de Galicia "é incapaz" de anticiparse á covid.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2021 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou de "desalentador" observar como en plena terceira onda da pandemia o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, estea "a facer campaña" e o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sexa "incapaz" de anticiparse.

O "esforzo" da cidadanía "ben merece que tanto Sánchez como Feijóo tomen decisións", manifestou Pontón na súa quenda de réplica durante a comparecencia de Núñez Feijóo no pleno da Cámara galega. Na súa intervención, sostivo que os "datos son demoledores" e demostran que o virus "corre" por Galicia marcando "cifras marca" que lembran a unha primeira onda na que a cidadanía "estaba confinada baixo sete chaves".

Neste contexto e tras censurar que "o primeiro" que fixese Feijóo despois do Nadal fose "botar a culpa" aos galegos da situación "sen facer autocrítica", reprochou que o titular da Xunta "non fose capaz de pór sobre a mesa a única medida que é capaz de cortar de raíz" os contaxios que, na súa opinión, pasa por "un confinamento de dúas semanas", ampliable.

"Que máis ten que pasar?", preguntouse Pontón, que tamén cuestionou os motivos polos que na primeira onda púidose estar "tres meses pechados" e agora "non se pode confinar dúas semanas".

A líder dos nacionalistas galegos asegurou que a súa intervención debe ser "necesariamente crítica" coa xestión de Feijóo "á vista dos resultados". "Pero as críticas do BNG non son para debilitar a un goberno, senón por lealdade aos galegos", manifestou Ana Pontón, que considerou necesario "sinalar os erros" para "saír da crise".

Así, tras mostrar a súa "man tendida" para colaborar, pediu a Feijóo que propoña o confinamento de dúas semanas; emprazoulle a reorientar os orzamentos con máis medios para a sanidade pública e para rescatar aos sectores afectados; reclamou un novo modelo de residencias; e apelou a un acordo de país para a obtención de fondos europeos.

Ana Pontón no Pleno do Parlamento
Ana Pontón no Pleno do Parlamento | Fonte: BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 anonimo

O virus corre por Galicia e por todo o mundo, Non é que corra " só" por Galicia.E o de " anticiparse" é un pouco complicado, porque en case nengún sitio ninguén se " anticipou".

1 Huang Ho

Hai uns cantos países dePor exemplo Nova Zelandia, Australia (os patéticos tenistas protestando estes días porque lles obrigan facer corentena con evidencias de contaxios nos avións; ao mellor pensaban que lles ían dar barra libre como aquí.), Korea...etc, etc.

2 anonimo

En Europa toda as cifras son moi altas. E Galicia ( que eu saiba) non está en Oceanía ou Asia. Dicir que o virus " corre" en Galicia é descubrir o Mediterráneo. Corre en todo o mundo. E non sei onde se poideron " anticipar", porque en UK, Italia, Alemania ou Portugal tampouco " souperon" anticiparse.