O Xacobeo comeza cos albergues turísticos de toda Galicia pechados

Os hoteis e outros aloxamentos poderán manter a súa actividade para persoas desprazadas por causas xustificadas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2021 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

A evolución da covid-19 en Galicia e a necesidade de implantar máis medidas restritivas levou á Xunta a decretar o peche temporal ao público dos albergues de toda Galicia en pleno ano Xacobeo.

A medida, publicada no Diario Oficial de Galicia este martes, está xa en vigor e establece que este tipo de establecementos turísticos deben permanecer sen actividade, polo menos, ata o 17 de febreiro, período polo que se estenden o resto de limitacións, como o peche perimetral de todos os municipios e da Comunidade, así como a redución de reunións a persoas que convivan.

Pola contra, os hoteis e resto de aloxamentos turísticos poderán manter a súa actividade para aqueles clientes que se desprazaron a Galicia, ou entre municipios, por algún dos motivos xustificados.

Neste caso, a ocupación das zonas comúns non poderá superar o 50% da súa capacidade e poderanse facilitar unicamente servizos de hostalaría e restauración para os clientes aloxados. As instalacións deportivas, como piscinas ou ximnasios, permanecerán pechadas.

A praza do Obradoiro baleira o mesmo día de entrada en vigor de novas restricións debido á crise sanitaria da covid-19.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
A praza do Obradoiro baleira o mesmo día de entrada en vigor de novas restricións debido á crise sanitaria da covid-19.. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta