(VÍDEO) Así traballan os comedores sociais co 22% da poboación galega baixo o limiar da pobreza

Cada día acoden máis persoas aos comedores sociais en busca de alimentos para poder comer e é que en Galicia hai máis de 600.000 persoas nunha situación de pobreza extrema que se acentou debido á Covid-19.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2021 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Segundo o último informe anual publicado pola ONG Oxfam Intermón, que trata sobre a desigualdade en España, a comunidade autónoma galega rematou o ano 2020 cunha tasa de pobreza do 22,6 por cento, fronte ao 20,4% que había antes da Covid-19. 

Muller pedindo na entrada dun supermercado
Muller pedindo na entrada dun supermercado

O documento revela que, dos case 2,7 millóns de cidadáns galegos -2.698.763-, 612.310 persoas están na actualidade baixo o limiar da pobreza. Isto significa que Galicia sumou en 2020 case 60.000 -59.442- persoas máis en risco de exclusión social que o ano anterior, cando eran 552.868 persoas as que estaban nesta situación; o que equivale a un aumento do 10,8 % das persoas pobres na nosa comunidade.

Por isto, cada vez acoden máis persoas sen recursos e en risco de precariedade aos comedores sociais, lugares nos que dispoñen de alimentos para poder comer e dar de comer ás súas familias.

"Polo menos que non lles falte un pouco de alimento que levarse á boca. É o imprescindible e o máis urxente, e o comedor intenta dar resposta a esa necesidade", defende Miguel Gómez, responsable do comedor San Froilán de Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta