O 53% das empresas galegas que cambiaron de domicilio en 2020 marcharon a Madrid

Tamén viñeron da capital española o 56% das que se instalou en Galicia o pasado ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2021 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

Galicia recibiu un total 132 compañías en 2020 por cambio de domicilio mentres 87 marcharon de Galicia nese período, o que arroxa un saldo positivo de 45 empresas, segundo un estudo de Informa D&B.

Durante o primeiro semestre do ano, a comunidade galega mantivo un saldo negativo, pero esta situación revertiuse a partir do terceiro trimestre. En función da facturación destas compañías, Galicia gaña 49 millóns de euros.

Madrid é o destino máis elixido polas empresas que saen da comunidade galega (o 53%), seguida por Cataluña (14%). Son tamén os principais lugares de procedencia das que chegan, un 56% trasládanse desde Madrid e un 13% proveñen de Cataluña.

A nivel estatal, un total de 4.010 empresas cambiaron a súa sede social a outra comunidade durante o ano 2020, un 19 por cento menos que o ano anterior. Tras un primeiro semestre no que os traslados decaeron pola crise sanitaria, no terceiro trimestre incrementáronse notablemente, para volver retroceder no cuarto.

Guindastres no estaleiro Factorías Vulcano de Vigo.
Guindastres no estaleiro Factorías Vulcano de Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta