O SERGAS realizará un cribado en Forcarei mediante test de antíxenos

En total están convocadas case 2.500 persoas de 40 anos en diante que recibirán un SMS para asistiren á proba.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2021 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) porá en marcha un cribado poboacional con test rápidos de antíxenos no centro de saúde de Forcarei co obxectivo de detectar o maior numero posible de portadores asintomáticos da covid-19.

En concreto, o cribado terá lugar durante as tardes deste xoves, día 28, e o venres 29, así como durante a mañá do sábado 30 de xaneiro. Convocaranse para el unhas 2.500 persoas de 40 anos en diante, que recibirán un SMS no seu teléfono móbil.

Para levar a cabo este cribado, a Administración sanitaria conta con tres equipos de enfermaría en cada quenda, que efectúan tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado de mostras, así como información a usuarios.

Cribado masivo con test de saliva en Arteixo (A Coruña). M. Dylan - Europa Press
Cribado masivo con test de saliva en Arteixo (A Coruña). M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta