Desaloxada unha festa de 13 persoas nun domicilio de Santiago

Os participantes abandonaron a vivenda para dirixirse aos seus respectivos domicilios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2021 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

A Policía Nacional desaloxou unha festa nun domicilio do barrio do Ensanche en Santiago de Compostela por incumprir a normativa vixente debido á pandemia pola Covid-19 e propuxo para sanción a 13 participantes.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos sucederon a noite do pasado 26 de xaneiro "cando faltaban menos de dúas horas para a entrada en vigor novo Decreto 8/2021 da Xunta de Galicia con novas restricións para toda a Comunidade Autónoma".

En concreto, axentes da Comisaría de Santiago foron comisionados sobre as 22,10 horas a un domicilio, por aviso de veciños, situado no barrio do Ensanche compostelán, onde os moradores celebraban unha festa, a pesar das restricións existentes decretadas polas autoridades da Xunta.

Os axentes, tras comprobar os feitos e entrevistarse cos moradores da vivenda, procederon á proposta para sanción de 13 persoas que incumprían nese instante as medidas de restrición vixentes, referidas á permanencia de grupos de máis de catro persoas en espazos públicos ou privados e de restrición de mobilidade nocturna entre as 22,00 horas e 6,00 horas.

Tras ser advertidos das consecuencias de ditas condutas, dispuxéronse a abandonar a vivenda para dirixirse aos seus respectivos domicilios, destacaron as mesmas fontes policiais. A intervención policial foi realizada por axentes da Brigada Local de Seguridadad Cidadá.

Varios axentes da Policía Local realizando un control de mobilidade na saída de Santiago de Compostela
Varios axentes da Policía Local realizando un control de mobilidade na saída de Santiago de Compostela | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta