A hostalaría peregrina ata Santiago para reclamar axudas "reais, sen letra pequena"

O Equipo Rescate Hostalaría asegura que o sector se sente "sinalado" mentres que os políticos fan "oídos xordos" aos seus chamamentos para evitar "a ruína".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2021 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

Despois da súa marcha a pé desde Pontevedra a Madrid o pasado mes de decembro, os 11 hostaleiros de Pontevedra, Marín e Poio que forman o Equipo Rescate Hostalaría iniciaron este xoves unha peregrinación ata Santiago de Compostela, onde, xunto con profesionais doutros puntos de Galicia, protestasen para reclamar axudas "de carácter urxente" ao sector.

En concreto, o grupo saíu ás 7,00 horas desde os xardíns da Xunta en Pontevedra e camiñarán este xoves ata o municipio do Milladoiro, en Ames. Desde alí sairán ás 9,30 horas este venres ata o edificio da Xunta en Santiago, onde esperan chegar ao redor das 11,00 horas para celebrar unha protesta xunto a hostaleiros doutros puntos de Galicia.

Ante o edificio Administrativo de San Caetano, os hostaleiros reclamarán un "rescate" para o sector e expresarán o seu descontento por "sentirse sinalados" mentres que os políticos fan "oídos xordos" aos seus chamamentos para evitar "a ruína".

O grupo, pertencente á asociación Hoempo, esixe "axudas reais e directas, sen letra pequena", así como unha "supresión de impostos mentres permanezan pechados os seus negocios" e un "ERTE único para que os seus empregados sufran as menores consecuencias posibles". Do mesmo xeito, reivindicaron que "se deixe de criminalizar ao sector, sinalándoo co dedo coma se fose o culpable da pandemia".

Manifestación do sector da hostalaría e do lecer nocturno en Santiago de Compostela
Manifestación do sector da hostalaría e do lecer nocturno en Santiago de Compostela | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta