Temas: CCOO UGT PARO EPA

Sindicatos atribúen a baixada do paro en Galicia aos ERTE e á "definición" de parado da EPA

Alertan da perda de activos cun "éxodo" de persoas que abandona o mercado laboral pola falta de oportunidades.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/01/2021 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

UGT Galicia achaca a baixada do paro en Galicia en 2020 (en 3.200 persoas) ás persoas que "non puideron cumprir coas condicións de procura de traballo que a definición de paro da EPA determina para que sexan considerados parados". Ademais, lembra que os ERTE evitaron as cifras "sexan máis dramáticas", cun incremento na destrución de emprego (15.000 ocupados menos en Galicia).

Taxa de paro ao peche de 2020
Taxa de paro ao peche de 2020 | Fonte: Europa Press

Neste sentido, Comisións Obreiras (CC.OO.) sinala que en Galicia se produce unha situación "anómala" pola baixada do paro de 3.200 persoas, á vez que se destrúen 15.000 empregos. Aquí, chama a atención na perda de 18.200 persoas activas con idades entre os 16 e 44 anos, que identifica cun "éxodo" de persoas que abandona o mercado laboral ante a falta de expectativas.

Así mesmo, a secretaria de Emprego de CC.OO., Maica Bouza, lembra que dentro dos datos de ocupación están incluídos os máis de 32.000 traballadores en ERTE en Galicia. "Sen os ERTE, os datos analizados hoxe serían moito máis negativos", agrega.

Ademais, CC.OO. pon o foco sobre que o peso do desemprego de longa duración "é cada vez máis importante". Apunta que hai 1.200 fogares máis que hai un ano nos que non entra ningún ingreso, 31.300 en total.

Nesta liña, a CIG indica que a EPA arroxa que a poboación activa "descendeu na mesma cantidade que a poboación ocupada", "é dicir, as persoas que deixaron de traballar non pasaron ao paro, senón a inactivos".

Temas: CCOO UGT PARO EPA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta