Comercios de limpeza, hixiene e desinfección critican á Xunta por excluílos das "actividades esenciais"

A alianza de tendas 4Eco reivindica a categoría de "esenciais" no novo decreto do Goberno galego.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A orde do DOG do pasado martes 26 de xaneiro sobre as novas restricións instauradas en Galicia debido ao aumento de casos activos de Covid-19 recolleu as actividades esenciais que poderían manterse abertas ata as 21:30 horas. Pola contra, recolleu tamén aquelas actividades non esenciais que manterían a súa actividade soamente ata as 18:00 horas.

Xel desinfectante nun pupitre. Jesús Hellín - Europa Press - Arquivo
Xel desinfectante nun pupitre. Jesús Hellín - Europa Press - Arquivo

Nesta nova regulación, non aparece como unha actividade esencial a venda de produtos de limpeza, hixiene e desinfección, obrigando aos pequenos comercios que se dedican a esta labor a pechar tres horas e media antes do que o fan grandes superficies comerciais que están a vender o mesmo tipo de produtos.

A alianza de tendas e marca de produtos de limpeza biodegradables a granel, 4Eco, está a denunciar esta situación, na que os estancos e as vinotecas, por exemplo, si están consideradas como actividades esenciais, mais as tendas de limpeza e desinfección non.

Dani Rocha, director de comunicación de 4Eco e dono da tenda A revolución de los graneles da Coruña, denuncia que durante todo o Estado de alarma dependente do Goberno Central "si estivemos considerados como esenciais e agora quítannos esa categoría".

"A XUNTA DEBE CORREXIR O SEU ERRO"

Con todo, Rocha considera que é un erro da Xunta o non incluír como comercio esencial ás tendas de limpeza e desinfección, polo que reivindica e insta áo Goberno autonómico a resolver esta confusión erro e que "se nos inclúa no apartado de esenciais, xa que os supermercados están vendendo os mesmos produtos, prexudicando así ao pequeno comercio que tanto presumen defender".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta