O alcalde de Santiago ve "un raio de luz" tras días de "certa consolidación" nos casos activos

Bugallo confía en que os datos dean lugar a unha "situación de meseta" que desemboque no "camiño de baixada".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2021 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asegurou este venres que os datos de casos activos de covid-19 dos "últimos cinco días" permiten albiscar "un raio de luz" e observar unha "certa consolidación". Nunha rolda de prensa, o rexedor recoñeceu que a evolución da covid-19 na cidade é "o tema que máis preocupa" ao consistorio, sobre todo no relativo á ocupación da UCI e aos 737 casos activos desta enfermidade.

No entanto, explicou que, nos últimos días, a cifra de casos activos fluctuou entre os 731 e os 746, a modo de "dentes de serra", o que permite observar "certa consolidación" e é "un pequeno dato optimista". Así, Sánchez Bugallo indicou que, aínda que nas últimas semanas os casos foron crecendo a un ritmo de entre o catro e o oito por cento, neste últimos cinco días a variación é do 2% e, ademais, con subidas e baixadas.

Aínda que a "cifra é enorme", o alcalde confiou en que estes datos dean lugar a unha "situación de meseta" que desemboque no "camiño de baixada". No entanto, admitiu que "é posible que a incidencia hospitalaria siga subindo nos próximos días", polo que instou a todos a "ser extraordinariamente prudentes".

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa este luns 26 de outubro. CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa este luns 26 de outubro. CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta