Máis de vinte centros escolares están aínda sen adaptación para o ensino virtual

Case 30.000 docentes están acreditados para dar a formación en liña, segundo a consellería de Educación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2021 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

O comité educativo certificou, nunha reunión celebrada este venres, que "a práctica totalidade" dos centros educativos "están preparados para o ensino virtual co seu horarios-espello deseñados, as aulas virtuais operativas, así como con case todo o profesorado formado".

Así o informa a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, tras a reunión do seu titular, Román Rodríguez, por videconferencia co comité educativo e tras a análise dos datos de seguimento da implantación do Plan de Ensino Virtual.

Do plan, o departamento autonómico, subliña que se fixo co obxectivo "de estar preparados de maneira preventiva no caso de que a situación epidemiolóxica requirise pasar da presencialidade á atención telemática". "Unha posibilidade que a día de hoxe está descartada", lembra en referencia ás decisións adoptadas no comité clínico

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, explicou, na súa intervención, que "dos 1.226 centros públicos, só 26 teñen aínda pendente a adaptación dalgunha materia, área ou módulo á docencia virtual".

Desde o departamento autonómico, sinalan que xa se está traballando con todos eles "para solucionar os posibles defectos detectados e conseguir canto antes que o cento por cento dos centros estean totalmente preparados".

CONEXIÓNS A AULAS VIRTUAIS

O titular de Educación subliñou, por outra banda, que durante este curso producíronse máis de 7,5 millóns de conexións a aulas virtuais, "o que dá conta da dinámica de funcionamento deste sistema co que os centros xa están plenamente familiarizados", argumenta a Consellería.

Así mesmo, engade, cóntase cos equipamentos e materiais tecnolóxicos necesarios "para, chegado o caso, optar polo ensino non presencial". A día de hoxe, segundo explicou o conselleiro, a Xunta dispón dun banco de 4.000 equipos informáticos en stock á disposición do alumnado que o necesita.

"Ao que hai que engadir outros 14.500 equipos que están pendentes de subministración por parte do Goberno do Estado a través de Rede.es, e que se espera a súa chegada nas próximas semanas". Por outra banda, engade que o que vai de curso só foi preciso prestar 241 dispositivos.

Román Rodríguez, que destacou o "sobreesfuerzo" do profesorado, tamén someteu a debate do comité educativo unha proposta de traballo para mellorar a atención ao alumnado vulnerable en caso de confinamento, a través dun plan "que será completado nos próximos días". A idea é, segundo explicou o conselleiro, "dispor dunhas instrucións e unha asignación de funcións claras para dar a cobertura idónea a estes alumnos".

FORMACIÓN DO PROFESORADO

No que se refire a a formación necesaria do profesorado para que o proceso de ensino-aprendizaxe en modo virtual leve a cabo con todas as garantías, nestes momentos 30.231 docentes (22.175 deles xa acreditados) participaron nalgunha das case 1.700 accións formativas en competencias dixitais ofertadas pola pola Consellería.

A formación do profesorado foi unha das cuestións que centrou tamén o debate na Comisión 4ª de Educación e Cultura do Parlamento galego. Nela, e en resposta a unha pregunta oral do PPdeG, o secretario xeral de Educación e Formación Profesional, Joé Luís Mira, cualificou de "prioritario" esta cuestión e destacou o aumento cada ano dos proxectos que se realizan e dos profesores que participan.

Sobre a aparición da Covid-19, recoñeceu que "profundou na fenda dixital", pero destacou as medidas postas en marcha pola Consellería. Tamén se mostrou convencido de que este novo escenario terá "un efecto transformador" e apelou á implicación de profesorado, alumnos e familias neste novo proceso. Así mesmo, aludiu á intención da Xunta de pór en marcha un centro de investigación e innovación educativa, que sexa "un laboratorio de ideas e proxectos".

Neno xoga nun centro educativo.. XUNTA - Arquivo
Neno xoga nun centro educativo.. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta