Temas: NAVANTIA BNG

Piden no Congreso un novo modelo de contratación para o servizo de mantemento de Navantia en Ferrol

"Resulta evidente que a prestación do servizo de mantemento, básico para a produción, por distintos contratistas vai causar discrepancias, descoordinación e atrasos" di o deputado do BNG, Néstor Rego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2021 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

O deputado BNG na Cámara baixa, Néstor Rego, denunciou no Congreso o procedemento de contratación do servizo de mantemento de Navantia na ría de Ferrol. Sinala que os pregos elaborados pola empresa pública para a contratación deste servizo conteñen unha división do mesmo en oito lotes e ao mesmo tempo limitan a un máximo de dous os lotes por adxudicatario, o que suporá a fragmentación obrigada na prestación do servizo.

Por iso, insta o Goberno central a paralizar o procedemento de contratación e á elaboración duns novos pregos que promovan a prestación do servizo por un único adxudicatario. E é que advirte que vai provocar a división do cadro de persoal que prestaba este servizo desde o ano 2016. "A ninguén relacionado co sector na comarca de Ferrol escápaselle que este é precisamente un dos obxectivos que a dirección de Navantia persegue con estas medidas, coa intención de debilitar a capacidade de resposta dun cadro de persoal que se ten significado na defensa dos seus dereitos colectivos", explica Rego.

Esta división responde a unha interpretación "perversa" da Lei de Contratos do Sector Público que, aínda que permite a división, establece que non se aplique cando a realización independente das prestacións dificulte a correcta execución do contrato do punto de vista técnico, ou que o risco para esa correcta execución proveña da necesidade de coordinar as diferentes prestacións realizadas por unha pluralidade de contratistas.

"Resulta evidente que a prestación do servizo de mantemento, básico para a produción, por distintos contratistas vai causar discrepancias, descoordinación e atrasos. Non hai causas técnicas nin xurídicas que avalen esta división, só pode apreciarse un intento de penalizar ao cadro de persoal e por en risco a súa continuidade", sinala o Bloque. "Tamén avala esta tese que o centro de Navantia Ría de Ferrol sexa o único que licita o contrato por lotes, mentres que o resto seguen mantendo a unidade no servizo", expón.

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, intervén durante unha sesión plenaria na Cámara Baixa, en Madrid (España), a 30 de novembro de 2020. O Pleno afronta desde hoxe a fase final do debate do proxecto de Orzamentos Xerais do Estado. EUROPA PRESS
O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, intervén durante unha sesión plenaria na Cámara Baixa, en Madrid (España), a 30 de novembro de 2020. O Pleno afronta desde hoxe a fase final do debate do proxecto de Orzamentos Xerais do Estado. EUROPA PRESS | Fonte: R.Rubio.POOL - Europa Press

Temas: NAVANTIA BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 Gamela

O camarada Rego parece que aínda non tomou nota de que dende o seu voto contra os PGE de Don Pedro está definitivamente fóra de foco... É máis, bastaría escoitar a María Xosé Caride en Vigo votar contra a moción do BNG para urxir ao Goberno Centra a baixada das peaxes da AP9 e ver como o PSOE local votou CONTRA esta moción... ALUCINANTE pero CERTO !

1 Gamela

Moción rexeitada por 19 votos en contra (o alcalde ausente) / 7 votos a favor (?) https://youtu.be/Vi62AEPqdkY?t=2925 O camarada Rego debera tomar boa nota do que opinan do BNG os seus SOCIOS na Deputación de Pontevedra !!!

2 Roxalia

Rego é un auténtico inútil. 🤦‍♀️ Ter a alguén así no congreso dos deputados de españa é desperdiciar un escano. A Pontona non ten cartos para pagarlle asesores?

3 Gamela

Non é unha cuestión "persoal" é un problema de caudillismo político na UPG ! Mentres Paco Rodríguez non solte as rendas ninguén poderá facer avanzar a estratexia "numantina" da UPG // https://upg.gal/wp-content/uploads/...