‘Disfraces na rede’, un entroido adaptado á Covid en Allariz

A Área de Cultura do Concello de Allariz organiza un concurso virtual de disfraces para festexar o Entroido 2021 adaptándoo a situación sanitaria que nos toca vivir este ano por mor da pandemia.

Por X.M. Fernández | Allariz | 31/01/2021 | Actualizada ás 20:55

Comparte esta noticia

A inscrición para participar está aberta ata o 11 de febreiro e para formalizala cómpre enviar un correo a cultura@allariz.gal. No mesmo correo hai que incluír o nome e apelidos, a data de nacemento, un teléfono de contacto, a modalidade na que se fai a inscrición, 3 fotos disfrazados ou disfrazadas é unha autorización da familia para o uso público das fotos na internet sempre que se envíen fotos de menores.

Concello de Allariz
Concello de Allariz | Fonte: GC

As 3 categorías que se contemplan comprenden todas as idades:

-Infantil e xuvenil individual, ata os 17 anos.

-Adulto individual, a partir de 18 anos.

-Familiar, só membros dunha unidade familiar convivinte.

As modalidades nas que se pode participar son o mellor disfrace realizado con material de refugallo, o máis orixinal e divertido e a mellor Charrúa.

Os premios que se entregarán en cada categoría serán os seguintes: 1º premio (50€), 2º premio (40€) e un 3º premio (30€). Estes premios serán vales para mercar no comercio local de Allariz e os/as gañadores/as daranse a coñecer o 15 de febreiro nas canles de comunicación do Concello de Allariz.

Para máis información pódense consultar as bases na web do concello, no teléfono 988 440 859 ou no correo electrónico cultura@allariz.gal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta