Os apartamentos turísticos galegos resisten en decembro e manteñen o 74% da súa ocupación

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2021 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

Durante o pasado mes de decembro, os aloxamentos extrahoteleiros en Galicia --cámpings, apartamentos e establecementos de turismo rural-- rexistraron un descenso xeral do 80% nos seus usuarios e nas súas pernoctacións, con respecto ao mesmo mes do ano anterior.

Con todo, a situación foi moi distinta segundo o tipo de aloxamento e foron os apartamentos os que mellor resistiron a crise da covid-19 no último mes de 2020, cun descenso na cifra de viaxeiros do 69% e unha baixada de só o 26,5% das súas pernoctacións con respecto a decembro de 2019.

As cifras de ocupación de aloxamentos extrahoteleiros do mes de decembro que publica este luns o INE segue as tendencias de meses anteriores, nos que os apartamentos turísticos foron os que mellor funcionaron nun contexto xeneralizado de caídas polas restricións de mobilidade derivadas da pandemia.

En todo caso, no mes de decembro, no que as autoridades permitiron certa mobilidade para a celebración das festas do Nadal, os apartamentos turísticos galegos aloxaron a algo máis de 2.000 viaxeiros, un 69% menos que hai un ano.

Con todo, estes usuarios mantiveron estancias máis longas, polo que as pernoctacións baixaron un 26,5% en comparación ás rexistradas en decembro de 2019, ata as 13.361. Do total, a maior parte de usuarios (1.873) eran españois, e 132 estranxeiros.

Pernoctaciones extrahoteleras en decembro por comunidades autónomas
Pernoctaciones extrahoteleras en decembro por comunidades autónomas | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta