Feijóo descarta novas medidas de confinamento ou un adianto do toque de queda

Di que utilizou " todas aquelas medidas que o estado de alarma autoriza" e "non pode pensar noutras".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2021 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

O comité clínico volverá reunirse este martes pola tarde para analizar a situación clínica e hospitalaria na Comunidade galega, así como o cribado masivo levado polo Sergas en diferentes localidades de Galicia.

Así o confirmou este luns o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a preguntas dos medios nun acto na Coruña, onde incidiu en que as decisións adoptadas polo comité o pasado 26 de xaneiro durante tres semanas "son de amplo espectro que afecta a toda a comunidade autónoma".

"E, por tanto, entendo que o comité, en primeiro lugar, vai avaliar a situación clínica e hospitalaria da pandemia. En segundo lugar, o plan de cribado masivo que está a realizar o Sergas e cal é a planificación, seguintes cribados", explicou. En terceiro, o titular da Xunta apuntou que se analizará na reunión deste martes pola tarde "a previsión de ocupación" da UCI e plantas hospitalización "desta semana e da próxima".

MEDIDAS

En relación coas restricións acordadas a semana pasada, Feijóo asegurou que Galicia utilizou " todas aquelas que o estado de alarma autoriza" co toque de queda "na franxa máis estrita" --entre as 22,00 e as 6,00 horas--. O mandatario autonómico demandou en varias ocasións ao Goberno un cambio para poder adiantalo ás 20,00 horas.

"Non temos xa máis competencias para seguir adoptando medidas", puntualizou o presidente da Xunta, que matizou que, coa normativa vixente, non se pode "confinar nalgún municipio á poboación". "Imos traballando coas competencias delegadas. Non podemos pensar noutras", concluíu.

Unha reunión do comité clínico de Galicia.. Xunta de Galicia
Unha reunión do comité clínico de Galicia.. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta