Test por vía rectal para a covid-19: o Sergas faillo a ingresados graves, bebés e pacientes en "situación de axitación"

Sanidade recoñece que o seu uso dáse "desde o principio da pandemia, sen que existise ningún cambio de procedemento recente".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/02/2021 | Actualizada ás 16:22

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) realiza, entre outras probas para detectar casos de Covid-19, test por vía rectal que reserva para persoas hospitalizadas graves con "alto compromiso da vía aérea", así como en recén nados ou en pacientes con "pouca colaboración" ou en "situación de axitación".

Unha profesional analiza unha proba de detección da Covid-19
Unha profesional analiza unha proba de detección da Covid-19 | Fonte: Povisa - Europa Press.

Así o confirmaron fontes da Consellería de Sanidade, que explicaron que en Galicia a técnica de obtención da mostra para determinación da infección por coronavirus realízase "de forma habitual" con mostras nasofarínxeas "maioritariamente".

No entanto, as mesmas fontes concretaron que en caso de pacientes hospitalizados en situación de gravidade, "con alto compromiso da vía aérea, ou en ventilación mecánica, pode "estar indicada a obtención da mostra por vía rectal".

Tamén reserva o uso desta proba para recén nados "dada a dificultade de contención da cabeza do neno e as peculiaridades da anatomía da vía aérea", así como para pacientes "con pouca colaboración ou situacións de axitación", ao que engade que para persoas con determinadas patoloxías psiquiátricas "podería decidirse esta alternativa".

Sanidade puntualizou que o uso deste test por vía rectal dáse "desde o principio da pandemia, sen que existise ningún cambio de procedemento recente" na Comunidade galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta