As solicitudes de axudas deixan ver a falta de eficiencia enerxética en moitos inmobles galegos

Algo máis de 500 solicitudes foron enviadas á Xunta para a mellora da calidade e eficiencia enerxética en edificios da comunidade. O prazo para solicitar axudas está aberto ata o 31 de xullo.

Por E.P. | OURENSE | 01/02/2021 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, destacou este luns o "gran interese" que esperta a nova liña de axudas para a eficiencia enerxética de edificios, xa que no seu primeiro mes de convocatoria rexistráronse máis de 500 solicitudes.

É a primeira vez que a Xunta xestiona este programa de subvencións para actuacións en inmobles --reguladas polo Real Decreto de 4 de agosto do Goberno--, para as que hai consignado un orzamento global de 17 millóns de euros, dos que 8,5 millóns son para o 2021.

Todo iso explicouno a conselleira de Medio Ambiente este luns en Ourense, durante unha visita ao edificio número 29 da rúa Valle Inclán, un dos beneficiarios destas axudas á sustentabilidade.

Desde alí, Vázquez lembrou que o prazo para beneficiarse deste programa está aberto ata o 31 de xullo e animou ás comunidades a presentar unha solicitude para "mellorar a vida útil do seu edificio".

Non en balde, a conselleira tamén indicou que estas axudas tamén están dirixidas a propietarios de vivendas unifamiliares ou de edificios de tipoloxía residencial, así como ás persoas que de forma agrupada sexan propietarias de edificios.

Entre as obras subvencionables, están a mellora da eficiencia da envolvente térmica, o uso de enerxías renovables nas instalacións de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria, así como a iluminación.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, visita un edificio beneficiario de axudas á eficiencia enerxética na rúa Valle Inclán de Ourense.. XUNTA
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, visita un edificio beneficiario de axudas á eficiencia enerxética na rúa Valle Inclán de Ourense.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta