Alertan de "fraude" nun proxecto eólico aprobado pola Xunta a "tan só 600 metros" de varias aldeas

Veciños de Bergantiños piden frear a construción dun parque que, din, incumpriría a lai paisaxística da Xunta e tería sido presentado cunha "fragmentación irregular". O TSXG xa botou abaixo proxectos semellantes atendendo a esta argumentación.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2021 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

Continúan as protestas contra a política de implantación de parques eólicos da Xunta. Na mesma semana en que as autoridades autonómicas deron a coñecer os detalles de 3 novos proxectos susceptibles de ser retirados pola xustiza, o movemento veciñal bergantiñá vén de alzar novamente a voz contra a implantación dun proxecto de aeroxeradores “a menos de 600 metros” de varios núcleos de poboación.

Eólicos de Paradela. CEDIDA - Arquivo
Eólicos de Paradela. CEDIDA - Arquivo

As demandas veciñais --canalizadas a través da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, a asociación ambiental Petón do Lobo, a asociación galega Cova Crea e a asociación O Ouriol do Anllóns-- pasan pola retirada do proxecto eólico de Bustelo e Baralláns. As plataforma implicadas neste episodio da loita contra o modelo autonómico de eólicos aluden que supón un incumprimento da lei paisaxística de Galicia, e que implicaría unha “perda de biodiversidade” na contorna.

Neste aspecto, as formacións asinantes aseguran que o proxecto apoiado pola Consellería de Economía, Empresa e Innovación “resulta incompatible” co decreto no que se aproban as Directrices de paisaxe de Galicia. Este, segundo destacan blinda os valores paisaxísticos da Área de especial interese paisaxístico do val fluvial do Lourido, polo cal imposibilitaría a implantación do nomeado proxecto, que implicaría construír 6 torres aeroxeradoras neste espazos.

"FRAGMENTACIÓN FRAUDULENTA"

“Un dos aeroxeradores do proxecto limita coa área de especial interese paisaxístico Val fluvial do Lourido” explican dende a plataforma, que destaca un caso paralelo co centro de seccionamento do parque e as “gabias de cabreado” que “afectan á fonte Cardeira, lugar de nacemento do río Lourido”. Todas estas problemáticas, á parte, sumarían razóns para botar

atrás o proxecto ante a acusación dunha posible “fragmentación fraudulenta”.

E é que o parque de Bustelo e Baralláns, din os veciños, “representa a continuidade do proxecto eólico Agrelo –Muriño”, que por riba é propiedade da mesma empresa, EDP Renovables. O proxecto nomeada promove o mesmo número de aeroxeradores e da mesma potencia, á parte de compartir a mesa liña de evacuación. A fragmentación “irregular” dun proxecto de Norvento serviu para que o TSXG decidira retirar o permiso para construír un parque eólico. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta