UGT pide que o persoal de limpeza e seguridade de centros de saúde entren nos grupos de vacinación prioritaria

O sindicato cre que todo o persoal vinculado a centros sanitarios deve crear unha contorna segura que só se pode acadar coa vacinación ao todo o cadro de traballadores.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2021 | Actualizada ás 16:29

Comparte esta noticia

UGT solicitou este martes ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e á conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, a vacinación prioritaria do persoal de limpeza e de seguridade privada dos hospitais e centros de saúde de Galicia. UGT sinalou que, a pesar de "resultar evidente" a difícil situación provocada pola pandemia, a vacinación debe atender "a principios lóxicos".

"Todo o persoal traballador dos centros hospitalarios e sanitarios debería crear unha contorna segura para todas as persoas que prestan servizos, así como para a cidadanía en xeral que utiliza o Servizo Galego de Saúde", indicou o sindicato. Para a organización, esta "contorna segura" é "dificilmente alcanzable" se non se vacina ao persoal de primeira liña como o servizo de limpeza e seguridade privada.

UGT recalcou que ambos os sectores están "en contacto directo" con pacientes que poden estar contaxiados e con aquelas que, efectivamente, sofren a enfermidade, "polo que son persoas prioritarias no contaxio e a transmisión do virus". "Os empregados de limpeza realizan diariamente estas tarefas en áreas ou habitacións de persoas contaxiadas, e levan a desinfección de zonas comúns".

"Igualmente, o persoal de seguridade está nos puntos de control de acceso e supervisión de áreas hospitalarias, incluíndo as covid", explicou o sindicato nun comunicado. UGT non entende que se vacine, antes que aos empregados dos colectivos citados, ao persoal administrativo que "realiza o seu traballo en zonas perfectamente delimitadas por barreiras físicas, illadas e climatizadas, que permite un contacto menos directo coas persoas e co medio".

Hall principal do Hospital Clínico de Santiago. EUROPA PRESS - Arquivo
Hall principal do Hospital Clínico de Santiago. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta