Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2021 | Actualizada ás 17:31
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, agradeceu este martes o esforzo das pemes e dos autónomos para lograr que Galicia sexa unha das dúas comunidades nas que baixa o paro e "lidere a caída", tal e como reflicten os datos de desemprego de xaneiro, que tamén rexistran que hai 5.645 desempregados menos que ao comezo da pandemia.
Así, na evolución mensual, o PPdeG resalta que Galicia comeza o ano cunha baixada do paro de 3.603 persoas, mentres que no Estado a cifra aumenta. Ademais, salientou que se produce un incremento da contratación indefinida e a tempo completo.
"A estabilidade de Galicia está a permitir que o noso mercado de traballo resista os efectos da covid-19", aseverou, para engadir que, xunto coas cifras deste martes, os últimos datos da EPA mostraban que 2020 tamén "pechou con menos paro e máis emprego indefinido, o que evidencia a creación de emprego de calidade".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.