O PSdeG pedirá a paralización do tendido dunha liña de alta tensión entre Carballo e Arteixo

O PSdeG fará esta petición no Parlamento. A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Noa Díaz, presentou na Cámara galega unha batería de iniciativas a través das que insta á Xunta a rehabilitar e pór en valor a Torre de Sande, do Concello de Cartelle.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2021 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

O Partido Socialista de Galicia pedirá no Parlamento de Galicia que se paralice a instalación dunha liña de alta tensión entre o parque eólico de Monteagudo, en Carballo, e o polígono de Morás, en Arteixo.

Así o avanzou o parlamentario Martín Seco nun comunicado remitido aos medios, no que denuncia que esta liña de alta tensión "esnaquiza toda a parte occidental" do Concello de Arteixo, "a de maior calidade paisaxística e ambiental" nun municipio con "un alto grao de sacrificio paisaxístico, causado polas infraestruturas industriais e de comunicación".

Deste xeito, Miolo sinalou que unha moción aprobada por unanimidade na corporación municipal de Arteixo, cun alcalde do PP, confirma a "falta de información, asesoramento e defensa do patrimonio" que sofren as localidades afectadas pola instalación de parques eólicos e liñas de evacuación.

"O propio alcalde do PP, nun concello con máis de 30.000 habitantes, o que lle solicita ao vicepresidente da Xunta e responsable de Industria que reciba aos representantes das tres forzas políticas no Concello para falar deste proxecto, o que indica a falta absoluta de comunicación, mesmo cos concellos gobernados polo seu partido", censura seco.

Sobre esta cuestión, esixiu ao alcalde de Artexito que "non quede só coa posta en escena" e que "poña toda a carne no asadpor, contratando a un gabinete xurídico con experiencia e coñecemento no sector para preparar alegacións que consigan paralizar este proxecto".

TORRE DE SANDE, EN CARTELLE

Por outra banda, a portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Noa Díaz, presentou na Cámara galega unha batería de iniciativas a través das que insta á Xunta a rehabilitar e pór en valor a Torre de Sande, ben de interese cultural e "unha das maiores xoias arquitectónicas" do Concello de Cartelle.

"Desde o século XIX o espazo quedou totalmente abandonado a pesar de que en 1949 foi protexido pola lei do patrimonio histórico español e declarado de interese turístico nacional", lembra a socialista, que lamenta que na actualidade atópase "en tan mal estado de conservación que mesmo corre perigo a estabilidade da estrutura".

Ademais, sinala que, "dado que a actual propietaria do ben asegura que non poder facerse cargo dos gastos de rehabilitación", "o máis razoable é que se inicien os trámites de colaboración coas administracións necesarias para que a Torre de Sande pase a ser de titularidade pública e procédase con urxencia á súa rehabilitación e posta en valor".

Votación dunha lei no Parlamento de Galicia.. PARLAMENTO DE GALICIA
Votación dunha lei no Parlamento de Galicia.. PARLAMENTO DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta