60 concentracións e mobilizacións programdas para febreiro na provincia da Coruña, dúas por día de media

Por E.P. | A Coruña | 02/02/2021 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, e representantes sindicais de CCOO, UGT e CIG analizaron a situación laboral na provincia e as protestas dentro do contexto derivado da Covid. Só para o mes de febreiro, esta Subdelegación recibiu a solicitude para máis de 60 concentracións e mobilizacións, na súa maioría de sindicatos, segundo informa.

Protesta de traballadores de Alu Ibérica na Coruña
Protesta de traballadores de Alu Ibérica na Coruña | Fonte: Comité de empresa.

En canto ao encontro, explica que se abordou "a necesidade de acomodar as diferentes mobilizacións sindicais á actual situación sanitaria provocada pola pandemia".

Respecto diso, a subdelegada agradeceu os "esforzos" dos sindicatos, "tal e como evidencian a suspensión das distintas concentracións previstas como as desenvolvidas polo comité de empresa de Alu Ibérica e a convocatoria de folga xeral para a comarca de Ferrol, que foron atrasadas pola crise sanitaria".

Pilar López-Rioboo trasladou aos representantes sindicais o seu agradecemento pola "colaboración, comprensión e boa disposición" por "acomodar os seus actos o máximo posible á normativa sanitaria establecida pola Xunta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta