O sector da pesca camiña cara a e-navigation

Un novo sistema permitirá a comunicación dixital e bidireccional entre embarcacións e controis de terra.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2021 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

Un novo sistema desenvolvido polo consorcio formado Egatel, Alén Space e Gradiant, no marco do proxecto 'Shipmate', permitirá ao sector naval unha comunicación bidireccional entre embarcacións e centros de control en terra.

O sistema permitirá ás embarcacións enviar a terra información sobre a actividade que están a realizar, a tripulación e o estado no que se atopan, ademais de comunicar a súa posición, rumbo e velocidade.

Toda esta información enviarase de forma cifrada, de modo que unicamente os operadores autorizados terán acceso á mesma, quedando oculta para o resto das embarcacións e elementos da rede. O sistema actual AIS, explican, "só permite a comunicación a nivel local e a unhas poucas millas das estacións basee costeiras (30 millas náuticas)".

Por iso, o tráfico marítimo afastado da costa ou en travesías transoceánicas "non se pode monitorar mediante AIS", polo que xurdiron iniciativas nos últimos anos para recibir as mensaxes "desde satélite, permitíndose así o seguimento de barcos en alto mar". "Con todo, este sistema non foi deseñado para a comunicación satelital, ao contrario que VDES, que contempla no seu deseño a comunicación bidireccional a través de satélite".

REVOLUCIÓN E SEGURIDADE

O consorcio destaca que suporá "unha revolución na dixitalización das comunicacións marítimas", abrirá a porta a novos casos de uso como a 'e-navigation' e permitirá "aumentar a seguridade das tripulacións".

Labores de rescate dun barco do Fred Olsen procedente de Tenerife. Europa Press
Labores de rescate dun barco do Fred Olsen procedente de Tenerife. Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta