Costa Pillado, nomeado de novo presidente do Consultivo, reivindica ditames xurídicos e alleos a "opinións"

Este maxistrado foi no seu día investigado no marco da 'Operación Cóndor' por tráfico de influencias e negociacións prohibidas a funcionarios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2021 | Actualizada ás 16:12

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publicou o decreto asinado polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no que nomea presidente do Consello Consultivo de Galicia a José Luís Costa Pillado. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), Costa Pillado é maxistrado e exerceu como conselleiro electo do Consultivo desde o ano 2008 ata 2014, cando foi nomeado presidente do organismo.

Segundo trasladou a Europa Press, afronta agora o seu segundo período como presidente do órgano consultivo con satisfacción. "É gratificante que recibise o respaldo unánime tanto do Parlamento de Galicia para seguir como conselleiro do Consultivo, como do pleno do propio Consello para volver ser presidente", remarcou.

Así mesmo, mostrouse convencido de que "o traballo destes anos logrou prestixiar a institución non só xuridicamente senón tamén socialmente". O seu obxectivo, recalcou, é "continuar por este camiño". E para que sexa así, reivindicou que é "moi importante" que os ditames do Consello Consultivo "se manteñan estritamente no ámbito xurídico, sen caer na tentación de emitir valoracións ou opinións de ningún tipo". "Para iso resulta fundamental tamén a profesionalidade e altísima preparación do noso equipo de letrados", concluíu.

A súa INVESTIGACIÓN NO 'CÓNDOR' FOI SOBRESEÍDA

Costa Pillado foi no seu día investigado no marco da 'Operación Cóndor' por tráfico de influencias e negociacións prohibidas a funcionarios, instruída entón por Pilar de Lara, pero, segundo lembrou a Europa Press, o caso foi sobreseído anos atrás.

"Aquilo quedou completamente arquivado e resolto no seu momento. Aínda que algo así sempre fai moito dano, o tempo o relativiza, e finalmente non chegou a afectar o meu prestixio profesional nin persoal, e o que é máis importante, ao prestixio da institución á que represento. Quedou demostrado que todo era unha gran inxustiza e así se ve hoxe, afortunadamente", asegurou.

Baixo o seu punto de vista, a investigación foi "unha gran anomalía do sistema xudicial do que foron vítimas numerosas persoas e que derivou en numerosas inxustizas". "Como así se demostrou e se recoñece hoxe, afortunadamente", resolveu.

O presidente do Consello Consultivo, José Luís Costa Pillado. CAPTURA
O presidente do Consello Consultivo, José Luís Costa Pillado. CAPTURA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta