Máis de 215 persoas sancionadas nun só día por incumprir as medidas anticovid

Reforzáronse os controis de horarios e de aforamentos nos sectores afectados pola normativa vinculada á alerta máxima.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2021 | Actualizada ás 16:29

Comparte esta noticia

A Garda Civil e a Policía Nacional tramitaron 216 propostas de sanción na Comunidade galega no marco dos máis de 500 controis sanitarias levados a cabo con motivo das restricións para frear a Covid-19. Segundo informou a Delegación do Goberno nun comunicado, durante a xornada deste pasado martes realizáronse en Galicia 537 dispositivos de seguridade nos que se identificou a 6.723 persoas e 3.734 vehículos e para os que se mobilizou 1.144 efectivos.

Nas últimas 24 horas a Garda Civil efectuou en Galicia 456 controis nos que participaron 911 axentes, identificáronse a 4.806 persoas, controláronse 3.121 vehículos e interpuxéronse 160 propostas de sanción, concretan as mesmas fontes. Pola súa banda, a Policía Nacional levou a cabo durante a pasada xornada 81 dispositivos de vixilancia nos que participaron 233 efectivos. Nestes operativos procedeuse á identificación de 1.917 persoas e ao control de 613 vehículos. En total, este corpo expuxo 56 propostas de sanción.

A Delegación do Goberno destaca que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado "continúan a súa intensa actividade fronte á Covid-19, adaptando os seus dispositivos para garantir o cumprimento das novas restricións de mobilidade e de encontros sociais".

REFORZO

Tamén concretou que "se reforzaron os controis de horarios e de aforamentos nos sectores afectados pola normativa vinculada á alerta máxima aprobada pola Xunta de Galicia, sen esquecer a esixencia do obrigatorio uso individual da máscara". Estes operativos modúlanse en función da evolución das restricións sanitarias e da propia pandemia. A Delegación lembra que son os Cecor provinciais e autonómico os encargados de realizar o seguimento das disposicións e adaptar os medios e operativos policiais ás necesidades de cada provincia.

Así mesmo, a Delegación do Goberno lembra á cidadanía que "é necesario actuar con cautela" no cumprimento das medidas aprobadas para frear a expansión da Covid-19 e "seguir as indicacións facilitadas polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, cuxa principal labor é axudar á poboación", conclúe.

Un axente da Policía Nacional cun vehículo nun control na fronteira da Ponte Internacional Tui-Valença, en Pontevedra, Galicia, a 31 de xaneiro de 2021.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Un axente da Policía Nacional cun vehículo nun control na fronteira da Ponte Internacional Tui-Valença, en Pontevedra, Galicia, a 31 de xaneiro de 2021.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta