O PP reclamará "cada mes" a Navantia a construción dun barco mentres o BNG fala de "privatización encuberta"

O Parlamento de Galicia instou á Xunta que entre no consello de administración de Navantia seguindo o artigo 55 do estatuto de autonomía.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2021 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

O Parlamento aprobou por unanimidade unha iniciativa na que se insta á Xunta de Galicia a solicitar o seu ingreso no consello de administración de Navantia en virtude do artigo 55 do Estatuto de Autonomía.

Así figura nunha proposición non de lei promovida polo grupo do Bloque Nacionalista Galego e que foi aprobada na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo celebrada na mañá deste mércores no Pazo do Hórreo.

En concreto, a iniciativa (votada separadamente por puntos) anima á Xunta a pedir o seu ingreso no consello de administración de Navantia de cara a lograr carga de traballo para os estaleiros da ría de Ferrol.

Este punto saíu adiante co apoio dos tres grupos con representación na Cámara (PPdeG, BNG e PSdeG), unha unanimidade que se mantivo noutros dous puntos da proposta, que reclama ao Goberno estatal a constitución dunha mesa de ámbito galego para promover e diversificar actividades no estaleiro ferrolán.

En concreto, os grupos da Cámara reclaman que Navantia Ferrol conte con turbinas de dirección e recursos propios suficientes para a definición de "novos produtos" orientados ao sector das enerxías renovables, aí como para fomentar a súa introdución no mercado da eólica mariña.

Así mesmo, tamén solicita que se fomente a inclusión da factoría nas actividades relacionadas con novos modelos sustentables da mobilidade marítima a través da colaboración con centros de investigación ou as empresas "que fosen necesarias".

Durante o debate, o encargado de defender a iniciativa, o deputado do BNG Ramón Fernández, incidiu na necesidade de que a Administración autonómica teña "voz e voto" contra as "prácticas lesivas" da empresa na comarca de Ferrolterra, onde, segundo o parlamentario, practican unha "privatización encuberta" do centro de Fene.

Pola súa banda, o viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, cargou contra o Partido Socialista e avanzou que traerán á Cámara "cada mes" a solicitude ao Goberno central "para que realice o encargo dun barco nos estaleiros de Navantia".

INICIATIVA I+D

Ademais, a Comisión 6ª celebrada no Lexislativo galego este mércores tamén deu luz verde a outra iniciativa, neste caso presentada polo PP, na que se solicita á Xunta que dea impulso a "iniciativas e instrumentos de valorización" dos resultados científicos-tecnolóxicos e de transferencia de lso resultado do I+D ao mercado.

O texto, aprobado con 10 votos a favor e dous en contra, expón reforzar desde a Administración "as capacidades organizativas e profesionais das estruturas e dos centros, todo iso para "impuslar" unha "cultura de transferencia na comunidade investigadora, incentivando a función de tranferencia de coñecemento, mellorando as capacidades dos nosos xestores de transferencia ou establecendo mecanismos de monitorización da transferencia".

Concentración ás portas de Navantia en Ferrol.
Concentración ás portas de Navantia en Ferrol. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta