Paga a pena mercar un coche km 0?

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2021 | Actualizada ás 04:00

Comparte esta noticia

A resposta a se merece a pena comprar coches km 0 é un si rotundo, pois este tipo de coches teñen unha serie de vantaxes que os fan moi apetecibles para o comprador, uns beneficios que nos farán decidirnos por un destes vehículos.

Interior dun vehículo
Interior dun vehículo | Fonte: remitida

QUE SON OS COCHES KM 0?

Os coches km 0 son vehículos que a marca ou o concesionario (adoita ser este último) matriculan e poñen á venda. Ao matriculalos perden parte do seu valor a pesar de que son coches novos.

Por que fan isto se os van ter que vender máis baratos? A razón adoita ser chegar ao obxectivo de vendas, unha especie de truco que os concesionarios usan para poder chegar ao obxectivo que lles pon a marca.

Non son coches usados, senón coches novos xa matriculados que poden ter algúns quilómetros, "nunca máis aló dunha cifra que rolda os cen", os cales se fan ao movelos da rampla ao interior das concesións.

QUE VANTAXES OFRECEN ESTE TIPO DE VEHÍCULOS?

A principal vantaxe é o prezo, aínda que non é a única. Nun momento no que os coches subiron unha barbaridade de prezo, debido a todas as medidas contra a contaminación como a hibridación, comprando un coche de km 0 podemos aforrar unha cantidade de diñeiro nada despreciable.

Falamos dun aforro dun 15-20 % con respecto a un coche novo, unha contía elevada se temos en conta que un compacto é difícil de atopar por menos de 20 000 euros.

Ao prezo súmase a posibilidade de telo na casa nuns días. Son coches aos que só hai que facer un cambio de nome e un seguro, pois xa están listos para circular. Non hai que pedilos á marca, non temos que esperar a que se fabriquen e o único que hai que facer é unha transferencia ao pagalos. Isto pódeo facer unha xestoría nun momento.

Desta maneira, se necesitamos un coche enseguida, comprar un km 0 é unha das mellores opcións que temos.

QUE DIFERENZAS TEN CUN COCHE NOVO?

A principal diferenza que ten cun coche novo é que non podemos elixir nada. Cando compramos un coche novo, o normal é pasar un intre co comercial seleccionando a cor, o combustible, a motorización, o nivel de equipamento e as opcións.

No caso dun coche km 0 non podemos escoller nada e témosnolo que levar tal cal está, sen poder cambiar nada. Podemos dicir que é un inconveniente, que non o é tanto cando vemos o diñeiro que nos estamos aforrando.

Desta maneira, é posible que teñamos que percorrer varios concesionarios até atopar un vehículo de km 0 que se adapte ao que estamos a buscar e ao que necesitamos nese momento.

Outra das diferenzas podémola ver no tema da garantía, que comeza a ser efectiva desde o día en que se matriculou. É posible que perdamos algúns meses de garantía, aínda que iso podémolo falar co comercial e tratar de negocialo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta