A 'burbulla' do teletraballo en Galicia: cae máis dun 50% dende a primeira vaga

Hoxe hai 70.300 galegos teletraballando de forma habitual fronte aos 145.000 contabilizados a finais da primeira vaga.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2021 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

Un total 70.300 galegos teletraballan de forma habitual, unha cifra que supón a metade dos 145.000 que chegou a haber a finais da primeira vaga do coronavirus, segundo un estudo publicado este xoves por Randstad. Actualmente, o 6,5% dos profesionais de Galicia está teletraballando, unha taxa 3,4 puntos inferior á media estatal (9,9%). Desde o final da primeira onda, 74.700 profesionais deixaron de teletraballar de maneira habitual en Galicia. O volume de persoas que traballa en remoto na comunidade só supón o 3,7% do total do Estado.

A pesar da caída dos últimos meses, o volume de profesionais que teletraballaban de maneira habitual no Estado a peche de 2020 é "o maior da última década, duplicando mesmo ao dato de 2019 (951.800 profesionais)". Do total de 19,3 millóns de ocupados que hai no Estado, case o 10% traballa habitualmente desde as súas casas. O director de Randstad Research, Valentín Bote, sinalou que, desde os meses máis duros da pandemia, estase a advertir unha caída progresiva do número de profesionais que teletraballan no país.

Dúas persoas traballan con computadores.. XUNTA - Arquivo
Dúas persoas traballan con computadores.. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta