O PSdeG pide á Xunta que habilite lectores oculares para pacientes de ELA

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, lembrou que estes servizos están incluídos na carteira do servizo nacional de saúde.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2021 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, reclamou á Xunta que habilite os dispositivos necesarios para permitir que os pacientes de ELA se poidan comunicar coa súa contorna.

A deputada socialista presentou este xoves en rolda de prensa unha batería de iniciativas para pedir uns dispositivos que ve "fundamentais" para as persoas que quedan "confinadas nos seus propios corpos" a medida que avanza a idade. Ademais, lembrou que estes servizos están incluídos na carteira do servizo nacional de saúde.

Marina Ortega subliñou a situación delicada destas persoas, que teñen que decidir se aplicar unha traqueostomía condicionados pola disposición dos dispositivos, tal e como sinala a Asociación Galega de ELA -Agaela-.

A parlamentaria socialista asegurou que a Xunta leva un ano de atraso na adquisición destes dispositivos despois de que o Ministerio de Sanidade os incuíse en abril de 2019, cun prazo de seis meses para que as comunidades autónomas os poñan a disposición.

Ortega sinalou que uns 200 pacientes sofren esta "demora inasumible" en Galicia para dispor duns dispositivos que teñen un custo de entre 3.500 e 3.800 euros, contía que ve viable para asumir por parte da Administración autonómica.

Ante estas cuestións, as iniciativas socialistas incorporan a posibilidade de que se desbloquee de urxencia unha partida orzamentaria directa para abrir a posibilidade de adquirir estes dispositivos para os pacientes que non poidan asumir o seu custo. Tamén piden a reforma da figura do asistente persoal para estes enfermos, para salvar os recortes nas libranzas dos coidadores.

A deputada do PSdeG Marina Ortega en rolda de prensa. PSDEG
A deputada do PSdeG Marina Ortega en rolda de prensa. PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta