Gromos con 13 positivos nunha residencia en Cabanas e 8 noutra de Ferrol

Os casos activos de covid-19 entre usuarios de residencias en toda Galicia baixan dos 400.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/02/2021 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

Os usuarios de residencias con coronavirus en Galicia volveron a descender e sitúanse en 399, tras detectarse 28 positivos --13 deles na DomusVi Laraxe de Cabanas e 8 en Mi Casa de Ferrol--, 34 altas e varios falecementos. Así consta nos datos actualizados este xoves polas consellerías de Política Social e Sanidade, nos que figuran, ademais, tres positivos de usuarios na DomusVi Carballo; dous na San Simón de Teo; outro na Vivenda comunitaria Sampedro II e outro da San José de Ourense.

Un traballador sanitario totalmente protexido acode a buscar a un ancián da residencia de San Cibrao onde se orixinou un gromo de Covid-19
Un traballador sanitario totalmente protexido acode a buscar a un ancián da residencia de San Cibrao onde se orixinou un gromo de Covid-19 | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Deste xeito, entre os centros con máis usuarios contaxiados inclúense a Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria, con 71; a DomusVi Carballo, con 63; a DomusVi Laraxe, con 37; Quercus de Leiro, con 34, e Mi Ferrol, con 31.

Pola súa banda, os traballadores con Covid-19 de residencias en Galicia seguen en descenso e sitúanse en 196, o que supón 13 menos que a xornada anterior, tras dous novos positivos --na San José de Arzúa-- e 15 altas.

Entre as residencias con máis persoal contaxiado atópanse a DomusVi Carballo, con 23; a Paz y Bien en Tui, con 17; Quercus de Leiro, con 16; e a San José de Arzúa, con 14.

CENTROS DE DISCAPACIDADE

En canto aos centros de atención á discapacidade de Galicia baixan a 93 os usuarios contaxiados con Covid-19, tras oito altas na Nuestra Señora de Fátima y Cristo Rey de Crecente e outra no piso tutelado García Naveira de Betanzos.

Deste xeito, a Residencia Adultos Pai Menni de Betanzos conta con 57 contaxios; Nuestra Señora de Fátima y Cristo Rey de Crecente, con 31; a Ricardo Baró de Oleiros, con dous; e a Residencia do Imserso en Bergondo, un.

Mentres, os traballadores con coronavirus destes centros descenden a 40, tres menos, tras o alta de dous da DomusVi Bóveda e outro da Nuestra Señora de Fátima y Cristo Rey de Crecente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta