Feijóo defende a Ayuso e di que en Madrid "se poden facer máis cousas" porque teñen máis inmunizados

A Xunta agardará a marzo para avaliar "como se presenta" a campaña de Semana Santa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2021 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, evitou criticar as medidas aprobadas pola súa homóloga madrileña e compañeira de partido, Isabel Díaz Ayuso, para a hostalaría, e mesmo as apoiou ao poñer o acento en que a situación epidemiolóxica é diferente en Galicia e Madrid.

Para o presidente galego, "é normal" que en Madrid "se poidan facer máis cousas" dado que a porcentaxe de poboación inmunizada é da 20% fronte ao 5% de Galicia. "Non estamos ante territorios iguais", engadiu.

(I-D) O presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Días Ayuso e o presidente da Xunta de Andalucía, Juanma Moreno, durante a primeira reunión do Comité Executivo Nacional do partido tras coñecerse l. Eduardo Parra - Europa Press
(I-D) O presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Días Ayuso e o presidente da Xunta de Andalucía, Juanma Moreno, durante a primeira reunión do Comité Executivo Nacional do partido tras coñecerse l. Eduardo Parra - Europa Press

SEMANA SANTA

Con todo, manifestou que avaliar as previsións para Semana Santa sería "precipitarse", pois "ata finais de febreiro" toca "centrarse" en controlar a pandemia e xa no mes de marzo estudarase "como se presenta" a campaña turística.

Así se pronunciou o xefe do Executivo autonómico a preguntas dos medios na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, onde insistiu na súa petición ao Goberno central de rebaixar o IVE para os sectores da hostalaría e o turismo, unha medida que, como lembrou, adoptou Alemaña.

Cuestionado sobre a Semana Santa, Feijóo apelou á prudencia e a centrarse na "enorme responsabilidade de evitar mortes" e reducir a presión sobre os hospitais que deixa a terceira onda da pandemia, aspectos nos que, di, atópase centrado a Xunta xunto con tamén atender ao impacto da crise sanitaria sobre a economía.

"Xa teremos tempo de falar diso", comentou o mandatario popular, que emprazou ao mes de marzo para avaliar "como se presenta" a campaña de Semana Santa. Segundo Feijóo, "falar de turismo" nestes momentos "é precipitarse" porque, ademais, hai que ter en conta a "gran incógnita" do proceso de vacinación e de cantas doses disporá España, algo que cre fundamental para que exista "inmunidade" no país e que este sexa "un país seguro" para visitar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta