Francisco Conde recibe as propostas de empresarios pontevedreses para a recuperación "das empresas"

O presidente da CEP, Jorge Cebreiros, presentou ao vicepresidente segundo da Xunta unha serie de puntos "tractores" para optar ás axudas europeas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2021 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

O vicepresidente segundo da Xunta de Galicia e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, recibiu do presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), Jorge Cebreiros, un documento con propostas "urxentes" para preservar o tecido empresarial e promover a súa recuperación.

"Desde a CEP queremos achegar co que consideramos que deben ser as claves para contribuír á recuperación da actividade no difícil momento actual. É urxente protexer ás empresas, para protexer o emprego e, a partir de aí, centrarse nos sectores máis golpeados polas restricións e consecuencias da pandemia", destacou o presidente da confederación pontevedresa.

Neste encontro institucional, Cebreiros, segundo informa a patronal de Pontevedra, deu conta a Conde da iniciativa de creación dunha aceleradora, xurdida no marco do 'CoLogistics', proxecto europeo que lidera a CEP e no que participa a Xunta de Galicia a través do Igape, entre outras institucións da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

O terceiro aspecto abordado por Conde e Cebreiros foi a preparación, por parte da Confederación de Empresarios de Pontevedra, dun borrador inicial de proxecto tractor para as empresas galegas cuxa presentación é "inminente" e que ten por obxectivo optar ás convocatorias de fondos europeos do próximo programa marco.

Cebreiros e Conde. CEP
Cebreiros e Conde. CEP | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta