Máis de cen concellos implicados no 'pacto dos alcaldes' poderán optar a axudas para plans a favor do clima

O Executivo autonómico subliña que se trata da segunda ocasión en que a Xunta establece este tipo de incentivos que están dirixidos aos concellos galegos, ás entidades supramunicipais e ás agrupacións de entidades locais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2021 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

O Goberno galego informou este xoves de que máis dun centenar de concellos galegos adherido ao 'Pacto dos alcaldes polo clima e a enerxía' poderán optar a axudas para a elaboración de plans de accións para o clima.

En concreto, o Consello da Xunta coñeceu este xoves o contido relativo ao Informe da Orde de axudas dirixidas as entidades locais co fin de que elaboren plans de acción para o clima e a enerxía sustentable, cos que planificar e adoptar medidas que apoien e mitiguen a loita contra o cambio climático desde a perspectiva local.

O Executivo autonómico subliña que se trata da segunda ocasión en que a Xunta establece este tipo de incentivos que están dirixidos aos concellos galegos, ás entidades supramunicipais e ás agrupacións de entidades locais, que se atopen formalmente adheridos ao 'Pacto dos alcaldes polo clima e a enerxía', antes da solicitude da axuda.

A Consellería de Medio Ambiente publicará este mesmo mes esta orde de axudas no Diario Oficial de Galicia (DOG), en réxime de concorrencia non competitiva e que están cofinanciadas nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

Así, todos os concellos adheridos ao 'pacto dos alcaldes' desde o 15 de xuño de 2020 e os que se poidan adherir tras a publicación desta segunda convocatoria son os beneficiarios directos desta liña de incentivos, dotada con 580.000 euros, cos que poder sufragar máis dun centenar de plans no caso de que todos os posibles beneficiarios soliciten a devandita axuda.

Este xoves o Consello autorizou tamén o cambio de titularidade a favor do Concello de Ribeira de Piquín da estrada provincial que comunica os núcleos de Santalla e Piquín.

Bo tempo, clima, altas temperaturas, temperatura, primavera, primaveral. EUROPA PRESS - Arquivo
Bo tempo, clima, altas temperaturas, temperatura, primavera, primaveral. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta