A Deputación da Coruña prepara unha serie de actividades para abordar a Covid desde unha perspectiva de xénero

"Trátase de fomentar a acción en rede e unha maior visibilización do traballo que se realiza desde a administración local a favor da igualdade de xénero e na loita contra a violencia machista", din desde a Deputación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2021 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

A área de Igualdade da Deputación da Coruña prepara un programa de actividades sobre os efectos da Covid-19 desde unha perspectiva de xénero, segundo informa.

A deputada de Igualdade, María Muíño, reuniuse con representantes dos concellos para avanzar en iniciativas de cooperación institucional para a eliminación da discriminación e a violencia machista.

Na reunión telemática, na que participaron máis de medio centenar de concellos, acordáronse distintas accións de concienciación e formación en igualdade, "en especial, un programa de actividades sobre os retos que trouxo a Covid-19 desde unha perspectiva de xénero", indica a institución provincial.

"Trátase de fomentar a acción en rede e unha maior visibilización do traballo que se realiza desde a administración local a favor da igualdade de xénero e na loita contra a violencia machista", apunta a deputada María Muíño.

González Formoso. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
González Formoso. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta