Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2021 | Actualizada ás 13:33
Un plan de benestar emocional proporcionará recursos á comunidade educativa de Galicia para afrontar a "situación de incerteza" derivada da pandemia e evitar que inflúa de modo negativo na convivencia nos centros educativos e os resultados académicos.
No marco da reunión semanal do comité educativo, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou o documento inicial, que desenvolverá un grupo de traballo específico para articular ferramentas e pautas que permitan afrontar contextos adversos como a crise sanitaria ao estudiantado e o profesorado.
A este respecto, o titular do departamento autonómico de Educación explicou que "a capacidade para abordar este tipo de situacións repercute de modo directo no proceso de aprendizaxe". Por iso, resaltou a necesidade de dispor dunha estratexia de atención e profesionais formados que, xunto aos estudantes, poidan conseguir que as situacións adversas se convertan en oportunidades de mellora a nivel persoal e do sistema.
Por outra banda, na sesión elevouse un borrador de instrución para que os alumnos de centros de Educación Secundaria e Formación Profesional (FP) que non poida regresar ao seu domicilio entre as quendas de mañá e tarde dispoñan dun espazo adecuado para comer. Esta medida foi proposta polo comité educativo na última reunión ante o peche decretado para a hostalaría na comunidade.
PLAN DE ATENCIÓN A ALUMNADO VULNERABLE
Noutra orde de cousas, o comité educativo deu luz verde ao texto definitivo do Plan de atención ao alumnado vulnerable que organiza procedementos e recursos específicos para garantir que estes nenos reciben a docencia en igualdade de condicións que os seus compañeiros se a situación epidemiolóxica require que se imparta de modo telemático.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.