Piden priorizar aos docentes na vacinación por ser "persoal de actividade esencial"

O sindicato ANPE Ourense esixe tamén a actualización dos protocolos da covid-19 e a adopción de medidas que garantan a seguridade nos centros educativos.

Por E.P. | Ourense | 05/02/2021 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

O sindicato ANPE Ourense esixiu a actualización dos protocolos da covid-19 e a adopción de medidas que garantan a seguridade nos centros educativos e tamén reclamou que se priorice aos docentes na segunda fase da vacinación por ser "persoal de actividade esencial". Así o demandou ante o incremento de casos positivos nos centros educativos da provincia e fronte ao que os docentes ourensáns reclaman políticas concretas e actualizadas para evitar os contaxios e que os centros educativos sexan lugares seguros fronte ao COVID-19.

Alumnado nunha aula protexido con máscaras contra a covid-19
Alumnado nunha aula protexido con máscaras contra a covid-19 | Fonte: ANPE.

"Mentres as autoridades políticas e sanitarias de todos os sámbitos territoriais adoptan medidas todas as semanas para evitar contaxios, ningunha vai dirixida aos centros educativos manténdose practicamente intactos os protocolos de principio de curso", censura a organización.

ANPE Ourense, que sinala que sempre se situou a favor de manter o ensino presencial para todo o alumnado, sostivo que esta debe facerse cunha avaliación constante, e unha actualización e adecuación das medidas hixiénico-sanitarias e de seguridade adaptadas ao contexto.

"Apostar polo ensino presencial ten que ser plenamente compatible con esixir que non se poña en perigo a saúde de profesorado e da comunidade educativa", sinala a organización, que pide medidas como a comunicación inmediata das situacións de risco e a aplicación do protocolo con accións como os confinamentos ou a práctica de test a todos os afectados.

O sindicato tamén pide priorizar ao colectivo docente e persoal de servizo dos centros educativos na seguinte fase da campaña de vacinación contra o COVID-19, un plan de supervisión de ventilación das aulas realizado por persoal técnico cualificado nas medicións de CO2, o reforzo dos sistemas de calefacción nos centros educativos, e a instalación de medidores de CO2 e depurificadores de aire con filtro HEPA en todas as aulas, entre outras medidas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta