Temas: AFORRO TOURO

O irmán de Díaz Ayuso nega que teña nada que ver cun contrato adxudicado en Touro

Marea Veciñal de Touro denunciara que unha empresa que representa resultou adxudicataria da renovación do alumeado público do concello. O irmán da presidenta de Madrid asegura que "é totalmente falsa" esa denuncia.

Por Galicia Confidencial | Touro | 05/02/2021 | Actualizada ás 22:13

Comparte esta noticia

O Goberno Local de Touro,  que encabeza o popular Ignacio Codesido, aprobou no Pleno celebrado o pasado día 4 de febreiro unha memoria técnica para renovar o alumeado público municipal mediante subvención do Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético (IDAE). E, para iso, elexiu a marca Artesolar, que é unha empresa na que traballa o irmán de Isabel Díaz Ayuso, a presidenta da Comunidade de Madrid, que asegura que non ten "nada que ver" con ese contrato.

Imaxe de recurso da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso.. COMUNIDADE DE MADRID
Imaxe de recurso da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso.. COMUNIDADE DE MADRID

A denuncia partiu da Marea Veciñal de Touro que considera este acordo do concello unha "situación a todas luces irregular  e que restrinxe a concorrencia pola que se deben rexer os contratos públicos de acordo coa lexislación vixente".

Con todo, Tomás Díaz Ayuso, o irmán da presidenta madrileña, negou absolutamente que el teña nada que ver con ese contrato. "É rotundamente falso o que se denuncia e eu nin coñezo ese concello, nin a ese alcalde", indicou ao tempo que criticou duramente este tipo de acusación porque "causan un dano innecesario".

Ademais, en declaracións ao Galicia Confidencial, Tomás Díaz Ayuso asegura que a empresa na que traballa ten contratos co numerosas institucións públicas, entre elas, Moncloa ou ou Senado. "Non sei quen é Ignacio Codesido nin onde está ese pobo", indicou que criticou a este partido político por vincular a súa actividade profesional coa actividade política da súa irmá, Isabel Díaz Ayuso.

CRÍTICAS DA MAREA LOCAL

Esta marea local, que é o principal grupo opositor no concello, foi moi crítico ca xestión do rexedor Ignacio Codesido neste asunto e pedíu que se retirara o proxecto, votando logo en contra do documento ante a decisión do alcalde de continuar ca renovación do alumeado nesas condicións.  

"O documento foi aprobado cos votos do Partido Popular, consolidando deste xeito uns pregos técnicos que anulan a libre concorrencia esixida por lei nos contratos públicos e que supón na práctica a adxudicación a dedo dun contrato millonario ao irmán da polémica presidenta da Comunidade de Madrid", denuncia nun comunicado.

Temas: AFORRO TOURO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 miñoca

As veciñas de Touro estamos moi contentas coas novas farolas ISABELINAS que pretende poñer o PP. Son Isabelinas en honor a Isabel II (escudo oficial do Concello) e a Isabel Diaz Ayuso.O seu irmán Tomás Díaz Ayuso adninistrador único de varias empresas de subministracións de productos médicos e hospitalarios (algunha denuncia hai na Asamblea de Madrid por adxudicacións dubidosas ao citado Tomás. Un grande emprendedor que o mesmo vende bisturís ou tubos de respiradores que coloca ISABELINAS donde lle digan e a prezo tasado, eso sí