Critican o comité de expertos da Xunta pola súa "afinidade" co PP e intereses en farmacéuticas

"20 de 26" membros do comité "defenden intereses persoais ou presentan graves conflitos de interese pola súa vinculación ás empresas farmacéuticas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2021 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

A Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública criticou a composición do comité de expertos que asesora á Xunta para a xestión da pandemia, pois consideran que conta cunha "forte carga política" con "case a metade" dos seus membros procedentes de cargos institucionais "cuxa designación se fai por criterios de afinidade política en lugar de por a súa experiencia ou coñecementos contrastados".

Nun comunicado emitido este sábado, o colectivo pon o foco en que "ante o desconcerto e alarma" polos "continuos" cambios de criterio nas medidas para a contención da pandemia, cuestiona a composición do comité onde se adoptan as medidas, onde botan en falta "persoal experto en pandemias" ou representantes de áreas como a enfermaría ou a atención primaria e lamentan que estea sobre representados os "cagos gobernamentais".

Así, a asociación asegura que "20 de 26" membros do comité "defenden intereses persoais ou presentan graves conflitos de interese pola súa vinculación ás empresas farmacéuticas, incluíndo as que comercializan as vacinas para a covid-19".

Fotos Xunta / Sanidade /R.P. Comité Clínico.. Xunta de Galicia / Europa Press
Fotos Xunta / Sanidade /R.P. Comité Clínico.. Xunta de Galicia / Europa Press

SEN PERSOAL EXPERTO

Así mesmo, consideran que "falta persoal experto en pandemias" pois aquelas especialidades "directamente" relacionadas con este campo, entre as que inclúen UCI, laboratorio, xeriatría ou pneumoloxía; supoñen "cada unha" menos do 3% do total de asentos no comité, a "mesma" proporción que áreas "que pouco teñen que ver" con esta crise sanitaria.

Ademais, lamentan que a atención primaria "achega unicamente" o 11% do comité "a pesar da súa importancia para previr, e critican que tampouco hai expertos en enfermaría, "clave para as actividades de información, tratamentos, coidados domiciliarios e vacinación", e que ten un "5,5%" dos asentos neste órgano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta