Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/02/2021 | Actualizada ás 14:00
A Asociación dos Medios en Galego (AMEGA) ,entidade da que forma parte Galicia Confidencial, volve celebrar este 7 de febreiro o Día dos Medios en Galego, unha xornada para revindicar a importancia da ter un xornalismo na lingua do país e que foi ratificada por unha declaración conxunta de todos os partidos con representación no Parlamento Galego no 2018.
A data quere lembrar a saída primeira publicación xornalística realizada integramente en galego, O Tío Marcos d’A Portela, editado en Ourense por Valentín lamas Carbajal en 1876.
Debido ás restricións da pandemia, este ano o colectivo de medios en galego lanzou un vídeo con sete rostros recoñecidos da cultura e sociedade deste país no que reclaman a necesidade de ter medios na lingua propia do país. Tamén o científico Ángel Carracedo remitiu un artigo no que pide falar e coidar aos medios en galego.
Actualmente son máis dun cento de medios (incluíndo revistas especializadas, tanto dixitais como impresas) as que contan en galego o que pasa no noso país. E, a pesar da súa vitalidade, a Xunta insiste en subvencionar aos medios en castelán. O pasado Nadal as axudas directas a estes medios supuxeron 1,7 millóns de euros fronte aos 200.000 dos medios en galego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.