A industria galega cae a índices de hai 12 anos pola crise da covid

A produción industrial afúndese un 8,6% en 2020 en Galicia, o seu maior descenso desde a crise do ladrillo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/02/2021 | Actualizada ás 10:46

Comparte esta noticia

O índice xeral de produción industrial descendeu unha media do 8,6% en 2020 en Galicia, co que rexistrou a súa maior caída desde 2009, cando baixara un 15,2% en plena crise financeira, segundo os datos que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Desde entón, a produción industrial foise recuperando, con diminucións, pero menores, en 2010, 2011 e 2012 (-0,1%, -6,6% e -6,8%), un aumento do 3,2% en 2013, de novo unha redución en 2014 (-4%) e subidas nos anos seguintes ata 2019 (+4,2%, +2,3%, +1,8% e +4,9%). O exercicio anterior ao do estalido da pandemia do coronavirus, o indicador retrocedeu un 3,8%.

Mentres, en decembro, e ao contrario do repunte que experimentou a produción industrial no conxunto estatal, o índice contraeuse un 0,8% en Galicia. Por destino económico dos bens, a produción industrial anotouse en 2020 en Galicia do 10,3% nos bens de consumo, do 9,1% nos bens de equipo, do 7,6% na enerxía e do 7,2% nos bens intermedios.

DATOS ESTATAIS

No conxunto estatal, descendeu unha media do 9,1% en 2020, a súa maior caída desde o exercicio 2009, cando este indicador se afundiu un 16,2% en plena crise financeira. Co retroceso de 2020, orixinado pola crise da covid, a produción industrial pon ademais fin a seis anos de crecementos consecutivos.

Evolución da produción industrial en Galicia. EPDATA
Evolución da produción industrial en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta