Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2021 | Actualizada ás 10:49
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 22 persoas debido a 20 accidentes de tráfico rexistrados o fin de semana en estradas de Galicia. O día con máis sinistros foi o sábado, con oito.
Segundo informou o 061, o seu Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 5 de febreiro e as 23,59 horas do domingo 7 un total de 23 chamadas en relación con accidentes de tráfico. Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 26. En concreto, as ambulancias de soporte vital avanzado asistiron en dous sinistros, as de soporte vital básico en 19, as convencionais en tres e o helicóptero medicalizado nunha ocasión.
En 19 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en tres ocasiónss recibiron asistencia no lugar do incidente, sen necesitar traslado. A proporción de homes atendida ascendeu ao 77% e a de mulleres reduciuse ao 23%. En canto ás idades dos feridos, o 061 constata que o 45% dos asistidos tiña entre 25 e 44 anos.
A provincia de Pontevedra, con cinco sinistros, foi a que máis rexistrou durante os desprazamentos do fin de semana; seguida da Coruña, con cinco; Lugo, con tres; e Ourense, cun.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.