Pontón pide a Feijóo que non repita o "erro" de 'salvar o Nadal' coa Semana Santa

Demándalle que "non se precipite" de cara ás celebracións vindeiras.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2021 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que "non se precipite" de cara á Semana Santa para "non cometer os mesmos erros" que durante o Nadal, cuxas reunións deron inicio á terceira onda da pandemia. Nunha rolda de prensa ofrecida este luns no Parlamento galego, a líder nacionalista lamentou as cifras récord alcanzadas pola covid en xaneiro --en falecidos, contagios e presión hospitalaria--, polo que apelou a "non baixar a garda".

Así, solicitou "pasos firmes e seguros" que permitan acabar coa terceira onda. "É moi importante non precipitarse e non cometer os mesmos erros na xestión da covid", dixo a líder do Bloque, tras o "tremendo erro" que cometeu Feijóo "cando dixo que había que salvar o Nadal". Por iso, ante o risco de que ocorra o mesmo con Semana Santa, Pontón fixo un chamamento a que "ninguén queira acelerar os ritmos".

UN "REFORZO" DA PRIMARIA

Así mesmo, para facer fronte ao coronavirus, volveu a solicitar ao presidente da Xunta que "reforce" a Atención Primaria, que ten "menos recursos que hai 12 anos", a través dun plan dotado con 200 millóns. Tamén reclamou un "plan de continxencias" do Servizo Galego de Saúde (Sergas) para atender a patoloxías non covid, xa que isto deixa "un deterioro da saúde da poboación" e "as listas de espera non pairan de crecer". De igual modo, Pontón insistiu en que a Xunta acuda a explicar no Parlamento o seu plan de vacinación, do que pediu que non se utilice "como un medio máis de propaganda".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta