Localizan en Teixeiro o cadáver dun exmilitar de León que levaba varios meses morto

Levaba residindo nesta localidade desde había máis de 15 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2021 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

Un home de 77 anos foi localizado morto nun piso no que vivía en aluguer na localidade coruñesa de Teixeiro. Fontes coñecedoras da investigación trasladaron a Europa Press que o home levaba varios meses morto e, a falta do que determine a autopsia, o corpo non evidenciaba signos de violencia.

O falecido, segundo fontes municipais consultadas por Europa Press, era un exmilitar procedente de León que levaba vivindo na localidade desde hai máis de 15 anos.

Foi a propietaria da vivenda na que residía a que deu a voz de alarma, posto que levaba cinco meses sen pagar o aluguer e "era cumpridor". Os veciños levaban tamén tempo sen verlle e o seu vehículo sen moverse do garaxe. O corpo foi trasladado ao Imelga para a autopsia e Servizos Sociais do Consistorio colaborará no que sexa necesario para tratar de localizar a algún familiar do falecido.

Efectivos da Garda Civil, da Policía Xudicial e dos Bombeiros de Betanzos, que interviñeron para acceder á vivenda, así como un médico forense, participaron este domingo no levantamento do cadáver.

Coche da Policía Local
Coche da Policía Local | Fonte: CONCELLO DE TUI

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta