Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2021 | Actualizada ás 16:52
A Xunta de Galicia levará o venres 26 de marzo a última produción do Centro Dramático Galego (CDG), 'O Charco de Ulises', aos centros educativos, con motivo da conmemoración do Día Internacional do Teatro.
A través dunha conexión que se facilitará xunto á invitación, o alumnado de 3º e 4º de ESO e de Bacharelato poderá gozar da adaptación do clásico grego dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, que foi estreada pola compañía pública o pasado xaneiro.
A iniciativa enmárcase na aposta que está a facer o Goberno autonómico para achegar o teatro ao estudiantado galego, ante as restricións de mobilidade e a suspensión das exhibicións por mor da covid-19.
Así, o CDG emitirá unha versión especial do espectáculo para adaptarse á organización dos centros de ensino e á linguaxe audiovisual. A exhibición en liña completarase cun coloquio no que participarán membros do equipo artístico e unha mostra do proceso de creación do espectáculo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.