O Concello de Boimorto celebrará un pleno extraordinario o venres sobre a polémica vacinación da alcaldesa

A rexedora vacinouse o pasado 28 de decembro, un día despois de que a primeira galega en recibir unha dose fronte á covid-19 fixese o propio en Santiago.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2021 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

O Concello de Boimorto albergará o vindeiro venres 12 un pleno extraordinario no que a alcaldesa, María Jesús Novo, dará explicacións sobre a súa vacinación contra a covid-19 na residencia de titularidade municipal a pesar de non formar parte do persoal sociosanitario.

Novo, que pediu a baixa do PP, convocou o pleno extraordinario a petición de PSOE e BNG, que sosteñen que debería asumir responsabilidades e dimitir. O pleno extraordinario está convocado para o venres ás 20,30 horas, segundo confirmaron fontes municipais.

A rexedora vacinouse o pasado 28 de decembro, un día despois de que a primeira galega en recibir unha dose fronte á covid-19 fixese o propio en Santiago. O seu nome estaba na listaxe da residencia, de titularidade municipal, porque, segundo a súa versión e a pesar de non estar formalmente ligada ao persoal, fai funcións de "xefa de persoal", acode habitualmente e realizou compras para o centro.

A alcaldesa de Boiomorto María Jesús Novo, durante un pleno no Concello da localidade coruñesa, en Boimorto.. M. Dylan - Europa Press
A alcaldesa de Boiomorto María Jesús Novo, durante un pleno no Concello da localidade coruñesa, en Boimorto.. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta