Piden que se investigue un vídeo no que un cazador dispara a un xabaril preto de vivendas

A asociación Libera sitúa as imaxes na Arnoia e solicita a retirada da licenza ao presunto infractor.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2021 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

A asociación animalista Libera reclamou á Xunta que investigue un vídeo, difundido nas últimas horas a través de 'WhatsApp', no que un cazador persegue cunha arma a un xabaril e efectúa un disparo nas inmediacións das vivendas.

Segundo apunta nun comunicado o colectivo denunciante, que alude a "fontes veciñais", as imaxes poderían captarse o domingo no municipio da Arnoia, concretamente na parroquia do Rial.

Así, Libera lembra que a lei galega de caza de 2013 prohibe o uso de armas de fogo nas chamadas "zonas de seguridade", que comprenden as franxas de 100 metros ao redor de espazos habitados e públicos.

E é que no vídeo apréciase como o cazador non respecta esta distancia e efectúa os disparos no medio das vivendas mentres corre "por unha vía asfaltada" coa arma cargada, o que constitúe "outra infracción", engade Libera.

Xabaril na estrada. EUROPA PRESS - Arquivo
Xabaril na estrada. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 xosel

O problema é que os escopeteiros están dentro da propia Xunta. Seguimos sen taxa de alcoholemia para practicar a caza e pagando os danos dos xabaríns aos agricultores (voto cautivo) porque os tecores non se queren facer cargo