A Xunta di que criticar a súa xestión da Covid implica atacar o labor dos profesionais

Pide manter o cumprimento das restricións nun momento no que se está "cada vez máis preto" de renovar as rutinas habituais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2021 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, defendeu a xestión da Xunta en relación á pandemia que tivo lugar tras a propagación do virus "nun momento no que ningún cidadán o esperaba" e advertiu de que "dicir que todo se fixo mal" equivale a criticar, ademais da os dirixentes políticos, aos profesionais que "loitaron para facer fronte" á mesma durante e despois do confinamento decretado en marzo de 2020.

Preguntada polo feito de que a oposición reprochase ao Goberno galego a súa "falta de autocrítica" tras unha reunión telemática celebrada este martes cos directores dos centros de menores públicos de Galicia, insistiu en que non se podían prever as consecuencias do avance dos contaxios cando se detectaron os primeiros casos.

Así, Fabiola García incidiu en que, tras a chegada do virus cando "ningún cidadán (o) esperaba", a Xunta adoptou as medidas que lle recomendou o comité clínico que a asesora "co paso do tempo".

Deste xeito, recalcou que non considera "admisible" que se argumente que "todo se fixo mal" en relación á resposta dada ante a pandemia, xa que, ao seu xuízo, implica cuestionar, ademais da xestión da administración, o labor dos profesionais que "loitaron" para facer fronte á mesma e "coidaron e atenderon aos cidadáns". Por iso, agradeceu o seu traballo e "esforzo" cunha actitude que sinalou que resulta "razoable" e "xusta".

MENORES TUTELADOS

Por outra banda, destacou o "bo comportamento" dos profesionais dos cinco centros de menores públicos da comunidade e os seus residentes en relación ao cumprimento da normativa COVID-19 e pediu "un último empuxón" para afrontar as restricións establecidas nun momento no que se está "cada vez máis preto desa normalidade" que permitirá retomar as rutinas habituais e o contacto social.

Ademais, a conselleira de Política Social indicou que se reuniu cos directores dos centros para coñecer "as necesidades" dos menores que acollen ante o contexto sanitario actual, que "afectou o desenvolvemento cotián das súas rutinas". Por iso, lembrou que a Xunta deu resposta a esta situación coa achega de novo equipamento tecnolóxico, o reforzo de persoal e a realización de probas cando se detectaron síntomas compatibles con coronavirus nos nenos.

En concreto, en 2020, sumáronse 2.383 menores tutelados pola Xunta e 480 en situación de garda. Mentres, o ano anterior contabilizáronse 1.843 menores tutelados e 532 en garda.

Imaxe de arquivo dunhas enfermeiras traballando con máscaras.. SATSE - Arquivo
Imaxe de arquivo dunhas enfermeiras traballando con máscaras.. SATSE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta