Comerciantes de Compostela piden "máis axilidade" para a tramitación das axudas do Concello

"Seguimos necesitando axudas directas, sobre todo a gastos correntes. Os comerciantes teñen que seguir pagando alugueres, seguros, nóminas a pesar da caída de vendas" din desde o sector do comercio compostelán.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2021 | Actualizada ás 16:27

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse esta mañá con cinco asociacións de comerciantes compostelás para avaliar as axudas xa outorgadas polo concello ao sector e estudar unha nova convocatoria --que "espera" publicar na segunda quincena de marzo"-- que permita paliar os efectos da crise económica provocada pola covid-19.

Os colectivos --Compostela Monumental, ComeciopuntoCompostela, Fundación Santiago Centro, Em-rede e Orives de Compostela_- valoraron "positivamente" o compromiso do Consistorio e coincidiron na súa petición dunhas axudas directas "máis áxiles" e "enfocadas en gastos correntes, e non tanto no investimento".

"Seguimos necesitando axudas directas, sobre todo a gastos correntes. Os comerciantes teñen que seguir pagando alugueres, seguros, nóminas a pesar da caída de vendas. Os posibles investimentos hai que abonalas antes de recibir a axuda, e non se vai a investir se non se pode pagar o aluguer", indicou Eva López, de Em-rede.

Unhas declaracións que apoiou Chema Fernández, de Santiago Centro, que advertiu ademais de que "nesta situación, a xente non chega ao verán, de aí a importancia destas axudas e da implicación do Concello", por parte dos que senten "moi apoiados".

A este respecto, Bugallo sinalou que, escoitadas as demandas dos comerciantes, tentarase "incrementar a partida de gastos correntes desviando do fondo de investimento ou doutras partidas" . "De momento, está prevista unha dotación de 400.000 euros para investimento e 500.000 euros para gastos correntes", explicou o rexedor compostelán.

Esta nova convocatoria, que contará ademais cunha dotación de 300.000 euros en bonos de consumo compartidos coa hostalaría, destinarase, segundo explicou Santiago Centro, a aqueles comercios que rexistrasen unha caída nos seus ingresos de máis dun 20%, "os máis necesitados", o que se traduce no 85% dos negocios.

MÁIS AXILIDADE NA EXECUCIÓN DAS AXUDAS

Outro dos puntos tratados na reunión foron as liñas de apoio publicadas polo Concello en abril e decembro de 2020, que as asociacións de comerciantes cualificaron de "moi necesarias", pero das que reprobaron a pouca axilidade na súa execución. "Non podemos estar a esperar meses por esas axudas porque, neses meses, os comercios morren", advertiu Eva López.

Respecto dos bonos de aparcadoiro, dos que o Goberno local financia o 80% e que se abonarán esta semana, o representante de ComerciopuntoCompostela, Jose Antonio Seijas, lembrou que son os comerciantes os que "adiantaron eses pagos para favorecer o consumo".

Neste sentido, Sánchez Bugallo subliñou que os bonos de estacionamento están contemplados nos novos orzamentos elaborados polo Consistorio para 2021 e dos que se destinarán 38.000 euros a ComercioPuntoCompostela e 31.000 euros a Compostela Monumental e a Santiago Centro.

Goberno local e comerciantes emprazáronse a unha nova reunión a finais de febreiro pero, polo momento, todas as asociacións recalcaron a "necesidade do sector" desta nova liña de axudas e a "implicación" do Concello, e do propio alcalde, "que levaban moito tempo esperando", co comercio.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. CAPTURA (YOUTUBE) - Arquivo
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. CAPTURA (YOUTUBE) - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta