Organizacións contra o plan forestal da Xunta buscan apoio no BNG e PSdeG para frear o eucalipto

Alertan de que a superficie ocupada polo Eucalyptus Nitens pasou "xa en máis do dobre as previsións para 2030"

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/02/2021 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

A fronte de organizacións sociais contrarias ao novo plan forestal da Xunta reuniuse este martes co BNG e o PSdeG para trasladarlles as súas reivindicacións. Despois de facer o propio co Grupo Parlamentario do PPdeG o pasado venres, agora mantiveron este encontro coas outras dúas formacións con representación na Cámara galega.

Representantes da fronte social contrario ao novo plan forestal da Xunta. SINDICATO LABREGO
Representantes da fronte social contrario ao novo plan forestal da Xunta. SINDICATO LABREGO | Fonte: Europa Press

Estas entidades recollen nun decálogo os puntos que critican do novo texto. Así, alertan de que este plan forestal suporá "aumentar aínda máis a superficie ocupada por eucalipto E. Nitens", que pasou " xa en máis do dobre as previsións para 2030". Todo iso, en detrimento de masas autóctonas, "que apenas sufrirán incremento nos próximos 20 anos".

Censuran que se fai un diagnóstico "ficticio" da situación do monte galego a partir de inventario "irreal e desfasado" con datos de 2009. Recriminan tamén que "carece de consenso social" ao non estar representados na súa tramitación axentes vinculados ao medio rural.

Así, consideran que a revisión "responde unicamente a intereses productivistas e de carácter privado", á vez que "promove a forestación de terras agrarias", "non formula solucións para as causas estruturais dos incendios" e "alenta a desaparición dos montes veciñais".

As organizacións que conforman esta fronte son: A Estruga, Amigos da Terra, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), Asociación pola Defensa da Ría (APDR), Comando Ghichas, Confederación Intersindical Galega (CIG), Ecoloxistas en Acción, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Federación Rural Galega (Fruga), Greenpeace, Hábitat, Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), Sindicato Labrego Galego e Verdegaia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta